domingo, 14 de decembro de 2014

O VOO DAS BOLBORETAS!

Dende o Tomás de Lemos queremos dicir NON á VIOLENCIA DE XÉNERO!!  a través deste mural é como vos queremos facer chegar esta mensaxe!

xoves, 27 de novembro de 2014

martes, 18 de novembro de 2014

O MAGOSTO!

Choveu toda a mañá, pero no CPI "Tomás de Lemos" conseguimos celebrar o Magosto, aquí tedes a proba de como o pasamos!


luns, 17 de novembro de 2014

venres, 31 de outubro de 2014

martes, 28 de outubro de 2014

O SAMAÍN!

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendima, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións desde o tempo dos celta e sobre todo, de medo, de moito medo.

Preme eiqui para acceder a actividades sobre o Samaín!

domingo, 26 de outubro de 2014

O Día da Biblioteca!


Dende o "Tomás de Lemos" celebramos o Día da Biblioteca o pasado 24 de outubro para que todos os nenos e nenas do centro lembraran como facer uso dela! 

Día da biblioteca'14 - Movie Maker

martes, 13 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014!


Este ano adícanse as Letra Galegas a Xosé María Díaz Castro! 



 Pincha aquí para máis información!

 PENÉLOPE

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


xoves, 20 de febreiro de 2014



                                                                            24 de febreiro



                                        día de Rosalía


    Rosalía de Castro,é unha fenda
    Unha ferida aberta nas conciencias
    A voz que sempre nos asombra
















  AGASALLA un
LIBRO en galego
e unha FLOR


Queremos que nos invadan os seus versos